Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello organiza actividades de concienciación contra as violencias LGTBIfóbicas nos centros escolares

Entendendo a prevención e concienciación de base sobre as violencias LGTBIfóbicas e a educación en igualdade e diversidade desde idades temperás como pilar fundamental e necesario para rematar coa lacra das violencias machistas, este ano traballarase directamente, entre o 10 e o 23 de maio, coas rapazada nos IES e CEIPs municipais. Así, o Concello de Oleiros instalará cada día nun centro un Punto Arcoiris, durante a xornada escolar.

Ademais, paralelamente realizaranse obradoiros participativos tanto co alumnado de primaria como de secundaria, arredor das violencias LGTBIfóbicas, e a diversidade sexual e de xénero, co obxectivo de reflexionar arredor de ditas violencias e darlle visibilidade ás vivencias e realidades das persoas LGTBIQA+. 

Os Puntos Arcoiris son puntos de información, sensibilización e atención para a inclusión da diversidade sexual e de xénero, e para a prevención, detección e actuación fronte as violencias LGTBIfóbicas, conformados por un equipo de profesionais en materia de xénero, diversidade e violencias.  Nestes Puntos Arcoiris, tanto o alumnado como o profesorado poderá recibir información sobre os diferentes tipos de violencias; os recursos e servizos especializados na materia, e sobre temas de interese e preocupación en materia de diversidade e violencias.
 

back link