Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello ofrece 16 espectáculos culturais para este outono

 Oleiros, 24 de setembro de 2019-. A programación cultural do Concello de Oleiros para o outono comeza este venres día 27 de setembro coa representación da obra de teatro Coa mirada nas súas mans no auditorio do centro cultural A Fábrica. Este será o primeiro dos espectáculos culturais previstos ata o mes de decembro.

 
No campo musical haberá concertos de grupos tanto internacionais como locais. A programación teatral mesturará espectáculos de compañías profesionais de recente creación e doutras xa consolidadas dentro do panorama teatral galego, con obras para todos os públicos. Tamén haberá proxeccións cinematográficas.
 
back link