Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello ofrece 14 espectáculos culturais durante os 3 próximos meses

 Oleiros, 28 de xaneiro de 2022-. A programación cultural do Concello de Oleiros para os meses de febreiro, marzo e abril comeza o vindeiro sábado día 5 de febreiro co primeiro concerto do Ciclo de Música Voces Cálidas para noites de inverno. Actuará a galega Dani, no auditorio da Fábrica ás 20:30 horas.

 
Todos os sábados de febreiro haberá concertos na Fábrica con Raquel Capote, MJ Pérez e Tulsa, respectivamente. Tamén en abril poderá escoitarse a Ede, dentro do Festival Elas son Artistas, e a Bea a de Estrella.
 
A programación teatral comezará o 5 de marzo con Smoke on the water. Continuará con A lúa encuberta, As que limpan, Olimpo’s, Último verán en Santa Cristina e Os nenos da varíola. O Concello conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.
 
En canto á danza están previstos os espectáculos das compañías Elahood e Nova Galega de Danza, os días 18 de febreiro e 29 de abril. En ambos casos serán no Auditorio Gabriel García Márquez.
 
back link