Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello ofrece 1.000 prazas para excursións e sendeirismo a persoas maiores de 60 anos

 Oleiros, 4 de abril de 2022-. O programa municipal Ven e Descubre ofrece para este ano 2022 un total de 1.000 prazas para excursións e rutas de sendeirismo para veciños e veciñas maiores de 60 anos. Haberá 16 saídas de excursionismo e 9 de sendeirismo.

 
O excursionismo consistirá en itinerarios culturais con visitas guiadas en grupo durante os meses de maio, xuño e setembro. Unha das saídas é á Ribeira Sacra e ao río Miño, con visitas ao Ecomuseo do Pazo de Arxeriz e ao Cabo do Mundo, e outra ás vilas de Cee e Fisterra, incluído o museo Fernando Blanco.
 
En canto ás rutas de sendeirismo ofértanse tres itinerarios: comarca de Bergantiños, Campo Lameiro e o Fuciño do Porco no Vicedo. As andainas terán unha distancia de entre 10 e 14 km e contarán con guías.
 
Entre os días 19 de abril e 16 de maio terá lugar a inscrición a excursionismo, que deberá realizarse por teléfono en horario de 16:00 a 20:00 horas, chamando ao 981 610 000. Para sendeirismo deberán apuntarse a través da páxina web entre o 18 e o 20 de maio, ou ben do 22 a 26 de agosto para as rutas de setembro. 
 
back link