Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello oferta 7 cursos de formación para persoas en situación de desemprego

 Oleiros, 14 de outubro de 2019-. A Xunta de Galicia concedeulle ao Concello de Oleiros unha subvención de 263.559,94 euros para a realización de cursos de formación para persoas en situación de desemprego. En total ofertaranse 7 programas formativos que comezarán entre os meses de novembro e decembro.

 
Os cursos que se van impartir son os seguintes: Cociña, Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes no Domicilio, Montaxe e Mantemento de Instalacións Solares Térmicas, Comunicación en Lingua Castelá, Competencia Matemática e Comunicación en Lingua Galega.
 
As clases vanse impartir no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo. Para poder participar nos cursos é necesario estar inscrito como demandante de emprego no servizo público de emprego de Galicia. As persoas interesadas deben contactar co Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo: rúa dos Regos 24, 981 610 319 e cmf@oleiros.org.
back link