Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello oferta 600 prazas para cursos de natación para o alumnado de infantil e primaria dos

 Oleiros, 7 de setembro de 2021-. O Programa municipal de actividade acuática escolar terá lugar nas piscinas municipais da Fábrica, Oleiros e Dorneda desde o 1 de outubro ata o 15 de xuño. A actividade terá carácter anual, realizando unha sesión semanal durante todo o curso académico, coincidindo co propio calendario escolar do centro.

 
As inscrición poderán realizarse entre os días 13 e 19 de setembro nas propias piscinas. Os formularios repartiranse nas aulas dos centros de ensino e tamén estarán dispoñibles en calquera das catro piscinas.
 
Os prezos mensuais para o alumnado de primaria serán de 6,83 euros para non aboados ás piscinas municipais e de 3,60 euros para abonados. No caso dos nenos e nenas de infantil terán que pagar 10,04 euros os non abonados e 5,29 os abonados.
 
back link