Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello multa con 6.000 euros o autor do ataque contra as árbores da praza afundida de Santa

Oleiros, 8 de novembro de 2018-. O Concello de Oleiros impuxo unha sanción de 6.000 euros ao veciño que atacou cunha machada dous metrosideros que se atopan nas inmediacións da praza afundida. A persoa que realizou este acto delitivo tamén terá que asumir os gastos de reparación desta acción, que ascenden a 4.524,20 euros.

Este individuo leva realizando este tipo de atentados contra o patrimonio público desde hai máis dunha década. Trátase dun veciño de Santa Cristina, residente na avenida das Américas, ao que o Concello xa lle colocou a árbore de ferro nas inmediacións da súa vivenda para denunciar estas actuacións.

back link