Oleiros, 3 de xaneiro de 2020-. Para garantir un axeitado uso das zonas de estacionamento comercial limitado gratuíto, todos os vehículos deben indicar a súa hora de chegada. As persoas usuarias deben colocar calquera elemento ou papel xunto ao parabrisas do vehículo no que apareza a hora de estacionamento.
Para velar pola rotación de vehículos e o correcto uso destas zonas, a Policía Local procederá a sancionar a aqueles vehículos que non sinalen o horario de aparcamento. Empresarios e cidadáns en xeral acolleron moi ben estas zonas, polo que é preciso controlar estes espazos para que non se perda o sentido polo que foron concibidos.
O estacionamento comercial limitado funciona todos os días, domingos incluídos, de 9:00 a 20:00 horas, en varias zonas de Santa Cruz e Perillo. O tempo máximo que se poden ocupar estas prazas é de 30 minutos. Estes aparcamentos están indicados de cor laranxa e contan con sinalización vertical.