Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello lamenta as afirmacións do colectivo Oleiros Empresa

Oleiros, 28 de marzo de 2012-. En relación ás declaracións da comisión xestora de asociación de empresarios Oleiros Empresa, o Concello de Oleiros lamenta que esta afirme que o Goberno local non os ten en conta, xa que tanto o alcalde, como a concelleira de Promoción Económica e o director do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo mantiveron distintas reunións con este colectivo, xa que o Concello considera necesario unha asociación que represente os múltiples e distintos empresarios que levan a cabo a súa actividade en Oleiros. Nese aspecto a colaboración do Goberno local foi e será total.


Outro asunto moi distinto é que este colectivo realizase unha serie de propostas que, nalgúns casos, pouco ou nada ten que ver coa representación do colectivo empresarial como é facer un out let nunha localidade do municipio cada mes cando a normativa autonómica só permite realizar un cada ano, ou ocupar as beirarrúas da avenida Santa Cristina en pleno mes de xullo durante os 31 días deste mes con casetas para á venda de diversos produtos de mercado e hostalería. Dáse a circunstancia de que nos meses de verán Santa Cristina se atopa saturada de cidadáns que gozan dos seus locais e do contorno da localidade. Consecuentemente, o Goberno local propuxo ao colectivo trasladar esta actividade á explanada da Fábrica no mes de setembro.
Respecto á instauración do aparcamento por ORA na praia de Bastiagueiro o Goberno local considera que en nada afecta á asociación de empresarios debido á singularidade desta praia e das súas inmediacións.
O Goberno local considera que existen moitas demandas que este colectivo pode realizar a diversas administracións como conseguir créditos e axudas para mellorar as infraestruturas existentes de carácter laboral.
 

back link