Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello insta a Fomento a que culmine a mellora da seguridade viaria na curva de Biona

 Oleiros, 4 de maio de 2015-. O Alcalde de Oleiros, Angel García Seoane, reiterou esta mañá a petición ante o Ministerio de Fomento para queremate a obra de mellora da seguridade viaria na N-VI á altura de O Seixal, na coñecida como curva de Biona. A pasada semana o concelleiro de Obras Públicas dirixiuse aos responsables do Ministerio para solicitar que conclúa de forma inmediata a obra prometida fai máis de tres meses tralo alto nivel de siniestralidade que se segue rexistrando neste punto. Fomento non comunicou unha data concreta para realizar a instalación dos separadores de carril que impidan fisicamente que os vehículos crucen a liña continua. O Concello continuará reclamando a execución desta necesaria obra ata que o Goberno cumpra co acordado. 

back link