Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello iniciará a campaña de rozas de camiños o vindeiro luns

Oleiros, 31 de maio de 2016-. O próximo luns día 6 de xuño o Concello de Oleiros iniciará a campaña de rozas nos camiños municipais. A empresa contratada para acometer este servizo encargarase de limpar a maleza que afecta ás vías públicas e que invade o pavimento ou as beirarrúas, nalgúns casos.

En total actuarase sobre máis de 203 camiños. Para avanzar o máis rápido posible formaranse dous equipos de traballo. Un comezará pola zona norte do municipio, na zona de Dexo e Lorbé, e o outro pola parte sur, na parroquia de Nós. Ademais, o tractor municipal que realizar este tipo de traballos ao longo de todo ano manterá a súa actividade normal.
 

back link