Oleiros, 5 de outubro de 2018-. O Concello de Oleiros contratará proximamente un conxunto de obras de restauración e tratamento da madeira de parques públicos e paseos marítimos. O custo destes traballos é de 110.299,69 euros.
Estas actuacións están encamiñadas a aumentar a vida útil do mobiliario de madeira existente no municipio e efectuaranse no paseo marítimo Manuel Rial de Mera, no parque das Galeras e na pasarela de acceso ao castelo de Santa Cruz.