Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello demanda novamente á Xunta que ilumine as rotondas da vía Ártabra

 Oleiros, 18 de decembro de 2020-. O Concello de Oleiros volverá a reclamar á Xunta de Galicia que ilumine todas as rotondas da vía Ártabra. Todos os enlaces contan con farolas pero atópanse apagadas, creando un serio risco para a seguridade viaria.

 
“Non ten por que estar iluminada unha estrada ao longo de todo o seu percorrido. Pero a lei si di que nas rotondas ten que haber luz, máis se cabe cando existen distintos niveis, como é o caso dos enlaces da vía Ártabra de Iñás, Oleiros ou Dorneda”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 
back link