Oleiros, 16 de outubro de 2017-. O Concello de Oleiros procederá a soterrar o tendido eléctrico nun tramo da avenida Valle Inclán ante o estado ruínoso que presentan tres postes que se atopan xusto diante do colexio de Perillo, de máis de 600 alumnos. Gas Natural Fenosa recibiu numerosos requerimentos para soterrar a liña nesta zona urbana, pero ante a pasividade da compañía o Concello procederá a informar da situación ao xulgado para posteriormente realizar a obra, que terá que pagar Fenosa.
“É un escándalo. As persoas que os queiran ver poden facelo no alto de Perillo, xunto ao Colexio Valle Inclán. Hai 3 postes que están só cos ferros, caeulles todo o cemento. É gravísimo que Industria non lle dea leña a esta empresa que fai o que lle dá a gana en Galicia”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.