Oleiros, 11 de xullo de 2017-. O Concello de Oleiros procederá a contratar nos vindeiros días diversas obras de pavimentación e renovación das redes de auga e saneamento en diferentes localidades do municipio. No seu conxunto, as actuacións suman un total de 1.042.209,04 euros.
As rúas que se van pavimentar son a rúa Tierno Galván en Maianca, a rúa da Luz e a rúa Laxeiro en Nós, a rúa do Faro en Iñás, rúa da Cova en Oleiros, a rúa dos Niños e a avenida das Américas en Perillo, a rúa do Campo e a rúa Castro da Vixía en Dexo e a rúa do Curruncho en Dorneda. O prezo de licitación destas obras é de 605.984,87 euros.
Ademais vaise contratar a renovación dos pozos de saneamento na rúa Benito Feijoo, a rede de abastecemento de auga no Polígono Iñás e na zona do Campamento e a ampliación da rede de abastecemento de auga entre o depósito de Sarro e a rúa Fontes. En total, estas obras saen a licitación por 436.224,17 euros.