Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello de Oleiros reclama ao Concello da Coruña que entregue os fondos da Fundación Paz y G

Oleiros, 22 de decembro de 2016-. O Concello de Oleiros reitera aos responsables da Fundación Paz y González, que administra o Concello da Coruña, que entregue os fondos do 2014 que esta entidade ten reservados para as familias sen recursos de Iñás, así como os de 2015 e 2016, que sumarían en total preto de 100.000 €.

Hai meses que o persoal técnico da Coruña recibiu os correspondentes xustificantes para o cobro dos fondos e desde o Concello da Coruña trasladouse que estaba todo en orde para o pago, polo que a demora é inexcusable. Os fondos da Fundación Paz y González están destinados, en grande parte, a axudar ás familias sen recursos da parroquia de Iñás. Dende o Concello de Oleiros trasladáronse distintas propostas e iniciativas para que o reparto destes fondos fose o mais áxil posible e así puidera acadar os obxectivos aos que están destinados dun xeito mais eficaz.
 

back link