Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello de Oleiros organiza unha ruta familiar polas terras do castelo-fortaleza de San Paio de Narla (Friol) o 18 de outubro

O Concello de Oleiros organiza o vindeiro domingo 18 de outubro unha ruta familiar polas terras do castelo-fortaleza de San Paio de Narla.
 

O vindeiro domingo 18 de outubro terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros, tratándose nesta ocasión dunha ruta familiar.

As rutas familiares están dirixidas a familias, nas que poderán participar menores que como mínimo cumpran 6 anos no ano da actividade, e o pai e a nai ou titor/a legal. Nas rutas familiares deberán inscribirse, como mínimo, un/unha menor máis un/unha proxenitor/a ou titor/a. Poderán participar fillos/as maiores de idade.

Ofértanse 40 prazas para cada unha das saídas cun prezo público de 12 euros para persoas adultas e 6 euros para menores de idade.

As preinscricións realizaranse preferentemente a través da web municipal a partir do luns 5 de outubro ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas. A adxudicación de prazas será por rigorosa orde de inscrición con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

Durante o percorrido visitaranse puntos de interese como  o castelo/fortaleza de San Paio de Narla, área recreativa do ría Narla, castro Friulio, igrexa de San Xiao, paisaxes agrícolas, fontes, muíños, lavadoiros e outras construcións de arquitectura tradicional.

Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org
 

back link