Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello de Oleiros organiza unha conferencia sobre a importancia da alimentación como preven

Oleiros, 25 de febreiro de 2013-. Este xoves 28 de febreiro ás 19:30 horas, nas Torres de Santa Cruz, terá lugar unha charla informativa sobre a importancia da alimentación como prevención do cancro. Baixo o título “Cancro: unha enfermidade que se pode previr ¿como, cando, onde?” Intervirán o Dr. Salvador Ramos Rey, médico nutricionista, e Aurea González Rodríguez, Presidenta de Punto y Seguido, Asociación Galega de Mulleres Afectadas por cancro de mama expoñerán a súa visión da materia. Presentará o acto Ignacio Crespo, concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Consumo do Concello de Oleiros.

Nesta interesante charla as persoas asistentes recibirán uns consellos sobre como adaptar as nosas comidas para ter unha vida máis saudable e atoparnos nun mellor estado físico. Tamén se explicará o funcionamento da Asociación Punto y Seguido e de como pode axudar ás mulleres vítimas desta enfermidade nuns procesos difíciles onde todos os apoios son poucos. A charla é de acceso libre e está dirixida a toda a poboación, xa que é unha enfermidade que polos seus altos índices de afectación incide en moitas familias.

O cancro de mama é o tumor máis frecuente nas mulleres do mundo occidental, soamente en España se diagnostican máis de 22.000 tumores anuais. É fundamental polo tanto que adoptemos pequenos cambios nos hábitos do noso día a día que nos permitan diminuír o risco de padecer cancro de mama. Levar unha vida saudable, o exercicio físico regular, non fumar, evitar o alcohol e unha dieta equilibrada son factores que nos axudarán a previr esta enfermidade.
 

back link