Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello de Oleiros organiza un curso para a obtención do título de Monitor/a de Tempo Libre

Durante as fins de semana de marzo a maio na Casa da Mocidade das Pedras impartirase un curso de monitor/a de tempo libre gratuíto para rapazada entre 18 e 30 anos.

O curso impartirase na Casa das Pedras as fins de semana desde o 2 de marzo ata o 12 de maio e terán preferencia á hora de inscribirse as persoas empadroadas en Oleiros. 

Os requisitos para acceder ao curso son: estar en posesión do título da ESO ou equivalente e ter entre 18 e 30 anos ao inicio do mesmo.

O prazo de inscrición abrirase o luns 12 de febreiro a través da páxina dos centros da mocidade (centrosmocidadeoleiros.wordpress.com) ou no teléfono 981 977 944.  A data límite para anotarse será ata o día 21 de febreiro ata as 16:00 horas.

As persoas admitidas publicaranse nunha lista na mesma páxina o día 22 de febreiro ás 18:00 horas. Desde a publicación da mesma , as persoas interesadas Terán un prazo de 24 horas para confirmar a asistencia e praza enviando un correo a pix.aspedras@gmail.com . Pasadas ditas 24 horas, realizarase unha chamada para intentar contactar con esa persoa; se non se establece o contacto, automaticamente pasarase á seguinte persoa da lista.

back link