Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello de Oleiros oferta un curso de formación para montaxe e mantemento de instalacións so

Oleiros, 3 de outubro de 2017-. O Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo acollerá un curso de formación para montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas dirixido a persoas en situación de desemprego. O alumnado terá un módulo de prácticas profesionais en empresas e ao remate do curso recibirá un certificado de profesionalidade.

As clases comezarán a próxima semana e rematarán no mes de abril. O horario é de 8:30 a 13:30 horas. Para acceder a este curso é necesario ter o graduado en secundaria ou as Competencias Clave de Nivel 2 e estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia. Para apuntarse hai que dirixirse ao Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, na Rúa dos Regos. Os teléfonos son o 981610319 e o 981631706.
 

back link