Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello de Oleiros lembra a obrigatoriedade de solicitar licenza municipal para realizar tal

 Oleiros, 9 de abril de 2021-. Debido á proliferación de talas ilegais en diversas zonas do municipio, o Concello ten abertos numerosos expedientes sancionadores tanto a madeireiros como a persoas propietarias por non contar coa correspondente licenza municipal. O Plan xeral e a Ordenanza de talas do Concello de Oleiros determinan a obrigatoriedade de obter a correspondente licenza municipal para poder iniciar unha tala en Oleiros, independentemente da licenza da Xunta de Galicia. Ademais é necesario cumprir con todas as condicións establecidas polo Concello en relación a aspectos tales como a reforestación, o coidado dos camiños ou a presentación de avais.

 
Para evitar sancións, os veciños e veciñas deben asegurarse de que os madeireiros aos que lles venden a madeira dispoñan da licenza municipal e actúen conforme á ordenanza. En moitos casos tamén se están a producir talas en montes privados sen ningún tipo de acordo previo coas persoas propietarias, que deben denunciar os feitos na Garda Civil e poñelo en coñecemento do Concello.
 
Nas zonas catalogadas polo Plan xeral como de especial protección forestal non está permitida a tala de especies arbóreas. Nestes montes só é posible realizar limpezas e saneamentos. Na próximas semanas, procederase á colocación de carteis informativos para sinalizar estes ámbitos sobre o propio terreo.
 
Todas aquelas empresas e persoas propietarias que incumpra a Ordenanza de talas do Concello de Oleiros teranse que enfrontar a fortes sancións económicas.
 
back link