Alonso Montero mantivo ao longo dos anos unha moi boa e estreita relación con Oleiros, sempre disposto a participar e colaborar co Concello. Na súa última visita ao municipio, en xaneiro do 2019, unha Fábrica ateigada asistiu a unha brillante lección de cultura, política, ensino e historia deste insigne profesor.
En febreiro do pasado ano, o Goberno municipal manifestouse publicamente en defensa da súa intachable traxectoria ante algunhas posturas políticas no Concello de Lugo que se opoñían ao recoñecemento da súa figura.
Xesús Alonso Montero foi un cidadán ilustre e unha persoa íntegra. Un loitador pola democracia desde a súa militancia no Partido Comunista e unha mente brillante, cun discurso político único.