Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros increméntalle o IBI a Autopistas del Atlántico nun 46%

Oleiros, 18 de outubro de 2017-. O Concello de Oleiros aprobará no próximo pleno municipal a modificación de distintas ordenanzas fiscais para actualizar as taxas aos incrementos do IPC, establecido polo Ministerio de Facenda. Entre os impostos que se verán alterados atópase o Imposto de Bens Inmobles de Características Especiais, que grava unicamente a Autopistas del Atlántico e que terá que pagar un 46,15% máis que ata o de agora.

Entre os impostos que van ser revisados, atópase tamén a taxa de sumidoiro que experimentará un incremento de 21 céntimos. Cando o consumo sexa superior aos 27 metros cúbicos, ademais deses 21 céntimos, incrementarase 1 céntimo por metro cúbico.
 

back link