Oleiros, 2 de marzo de 2020-. A ONG Open Arms, que se dedica a salvar persoas refuxiadas no Mar Mediterráneo, precisa colaboración económica para reparar o barco que están a utilizar na actualidade ou para adquirir un novo buque. Esta entidade salvoulle a vida a máis de 6.000 persoas que fuxían dos seus países polo mar.
“Open Arms necesita axuda para seguir rescatando persoas do mar que foxen das guerras, da miseria, das bombas e da fame que lles crearon nos seus países os Gobernos de occidente. Nós sabemos os que dan chegado, pero non os milleiros que quedan polo camiño... Desde o Concello de Oleiros facemos un chamamento á colaboración con esta ONG para que poidan reparar o seu actual barco ou comprar un novo”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.