Os contacontos terán lugar os días 3, 4 e 5 de xaneiro
Oleiros, 30 de decembro de 2010.- O Centro de Información Xuvenil e as bibliotecas do Concello de Oleiros, coa colaboración do Grupo de Teatro Portaberta, organizaron durante as vacacións de Nadal unha serie de contacontos nas bibliotecas municipais e no Centro Cultural A Fábrica que continuará esta semana.
O grupo de Teatro Portaberta formado por mozas e mozos de Oleiros (Sabela Ramos Candedo, Daniel Vázquez Paredes, María Abad Ruibal, Julia Laport Ribas, Rebeca Sosa Molinelli, Sabela Domínguez Pérez, Lucía Pombo López e Cristina Eirea Ponte) levará a cabo unha adaptación dunha serie de contos para achegar ata os máis novos e todos aqueles que así o desexen, as distintas imaxes do Nadal.
O calendario e os lugares dos contacontos son:
- Luns 3 de xaneiro ás 18.30 h, na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
- Martes 4 de xaneiro ás 18.30 h, na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
- Mércores 5 de xaneiro ás 12.30 h, no Centro Cultural A Fábrica (Perillo)