O Concello de Oleiros será o encargado de asumir os custos de mantemento, así como outros derivados do uso do camión, durante o período de vixencia do acordo. Ademais, o texto do convenio estipula o compromiso de desprazar o vehículo ao termo municipal da Coruña sempre que sexa preciso ou así sexa requirido.
O acordo, rubricado hoxe no Pazo de María Pita, terá unha vixencia inicial dun ano, reforzando así os lazos institucionais xa existentes entre ambos os concellos.