Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello creará pisos para a súa venda a prezos inferiores aos de mercado

A xestión urbanística do Goberno municipal fai posible que o Concello reciba gratuitamente solo nos novos desenvolvementos que se van facendo por todo o municipio. Neste momento o Concello é propietario de parcelas para construír pisos en Xaz, Oleiros e Mera.

“Estamos a estudar a maneira de construír eses pisos para que se poidan vender a prezos inferiores aos de mercado, pensando en veciños e veciñas de Oleiros con dificultades para acceder a unha vivenda. Tan pronto como nos resulte posible, realizarase unha convocatoria pública para que aquelas persoas interesadas que cumpran os criterios establecidos poidan presentarse. Loxicamente, non serán para persoas con moitos cartos, senón para familias traballadoras e persoas con recursos medios ou escasos”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 

back link