O prazo de inscricións, que será a través da web municipal, no apartado PARTICIPA, estará aberto desde o luns 16 ás 10:00 h e remata o luns 23 ás 23:00 h.
As ditas sesión desenvolveranse nas instalacións de Servizos Sociais en Villa Echeverry en Perillo os días 2 e 30 de marzo, 20 de abril, 25 de maio e 22 de xuño. O horario será de 18.00 a 20:00 h. Tras o verán esta actividade continuará con novas datas.
A actividade está dirixida a pais e nais veciñas de Oleiros con fillos ou fillas menores de idade cun diagnóstico TEA. No caso de quedar algunha vacante poderíase valorar a asistencia con persoas doutras localidades co fin de completar as 15 prazas ofertadas.
O obxectivo é apoiar e acompañar ás familias con fillas ou fillos menores de idade cun diagnóstico dentro do espectro autista na súa crianza, contribuíndo a establecer pautas co obxectivo de acadar o maior grado de inclusión social posible e de desenvolvemento e autonomía persoal, así como, de forma paralela, establecer as bases dun grupo de apoio mutuo.
As sesións estarán dirixidas por Rocío Salgado. Psicóloga, psicoterapeuta familiar sistémica, especialista en acompañamento a familias dentro do espectro autista e con ampla experiencia en titorías e asesoramento personalizado a familias.