Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás O Concello coopera con Cuba organizando o envío de diverso material de administracións galegas

Para cooperar coa República de Cuba, que está a sufrir unha situación moi adversa debido ás terribles consecuencias do criminal bloqueo económico perpetrado por Estados Unidos, o Concello de Oleiros vai organizar o envío de diverso material procedente de distintas administracións públicas de Galicia. O envío está composto por material de cociña diverso, luminarias, báculos, mobiliario público, material informático, material escolar, material sanitario...

A entidade Awen Worldwide, destacada colaboradora pola súa axuda e apoio ao pobo cubano, comprometeuse a asumir os custos de traslado e loxística de todos os recursos que se pretenden enviar. O material poñerase a disposición do Goberno Provincial do Poder Popular da Habana para fins de interese social na República de Cuba. Tamén participa nesta campaña a ONG Solidariedade Galega.

Este acordo aprobarase no próximo pleno municipal do Concello de Oleiros, que se celebrará o vindeiro xoves 27 ás 20:00 horas.

back link