Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello contratará catro auxiliares de policía para reforzar o servizo durante o verán

 Oleiros, 23 de marzo de 2015-. O Concello de Oleiros contratará catro auxiliares de policía. O prazo para presentar as solicitudes para este proceso concurso-oposición permanecerá aberto ata o próximo 30 de marzo. Esta contratación será de carácter laboral temporal coa finalidade de reforzar o servizo da Policía Local durante os meses da tempada estival, xuño, xullo, agosto e setembro. Trátase dun contrato a xornada completa e co horario requirido polas necesidades do servizo. Toda a información deste proceso selectivo está publicada na páxina web municipal, na Concellería de Cooperación, Participación Cidadá e Recursos Humanos.

back link