Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello contratará 42 persoas para os meses de verán

Oleiros, 07 de abril de 2016-. Co obxectivo de manter a calidade dos servizos nunha época do ano na que as tarefas aumentan notablemente debido ao incremento de poboación no municipio, o Concello de Oleiros contratará a 42 novos traballadores e traballadoras para reforzar a Policía Local e o servizo de salvamento e socorrismo. Cubriranse 24 prazas de socorristas, 5 de patróns/as de embarcacións, 6 de sanitarios/as, unha de supervisor/a, dúas de xefes/as de equipo e catro de auxiliares de policía.

O prazo de presentación de solicitudes para traballar nos servizos de salvamento e socorrismo vai desde o mañá venres 8 de abril ata o  martes 19, ambos incluídos. As bases dos procedementos selectivos, nas que figuran os requisitos para participar, o modelo de instancia e o documento para o pago das taxas, publicaranse na páxina web do Concello (MÁIS INFORMACIÓN).

No caso das prazas de auxiliares da Policía Local, a presentación de solicitudes está aberta desde finais do 29 de marzo e remata o mañá venres día 8. Para participar neste procedemento selectivo é necesario estar en posesión da titulación esixida para os funcionarios do subgrupo C2 segundo a normativa de función pública (graduado na ESO, graduado escolar ou equivalente). Ao igual que co persoal de salvamento das praias, as bases, información, modelo de instancia e documento para o pagamento das taxas, figura na páxina web do Concello (MÁIS INFORMACIÓN).

back link