Con este novo recinto o Concello contará cunha versátil instalación pública para a realización de todo tipo de eventos culturais, deportivos, congresos, feiras, festivais, exposicións… Cun aforo máximo de 4.000 persoas, pero con gradas e butacas móbiles para axustarse ás necesidades de cada espectáculo, será unha grande instalación sustentable e harmoniosa para dotar a Oleiros do grande espazo cultural e deportivo que necesita para complementar a ampla oferta actual e potenciar as posibilidades terciarias derivadas da economía turística de espectáculos e congresos.
“Será un novo servizo público para cidadanía, unha demanda que había desde hai xa anos. Este proxecto tería sido realidade moitos anos antes, cun coste moito menor, pero non foi posible porque o PSOE, coa obra xa contratada o impediu, obrigando ao Concello a indemnizar a empresa sen facer a obra”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.