Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello construirá un parque infantil no Valiño e dotará a praza Ana Kiro con equipos biosau

Oleiros, 9 de setembro de 2011-. O Concello de Oleiros construirá un parque infantil na urbanización O Valiño. Este novo equipamento completa a calidade de vida nunha zona onde se concentra un gran número de familias con fillos de curta idade. O parque, que comezará a construírse de inmediato, estará situado sobre unha antiga pista recreativa, cuxo contorno tamén será mellorado.

Por outro lado, o Concello dotará a zona verde anexa á praza Ana Kiro, na localidade de Mera, cunha serie de equipos biosaudables que permitirán realizar exercicio físico. Este equipamento está destinado principalmente ás persoas maiores desta zona.

back link