Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello apoia a concentración convocada polas ANPA contra os recortes de profesorado da Xunta

O Concello de Oleiros apoia e anima a toda a cidadanía a participar na concentración convocada polas ANPA dos colexios Juana de Vega e Rabadeira, para denunciar o recorte de profesorado de apoio nas escolas de Nós e Oleiros e reclamar á Xunta que cumpra coa normativa para unha correcta formación dos nenos e nenas con necesidades especiais. A concentración será o vindeiro mércores 9 de outubro as 18:00 horas ante a Casa do Concello.

O Juana de Vega pasou de 404 alumnos e alumnas, o pasado curso, a 417 neste 2024/2025. En cambio, o profesorado de apoio reduciuse de 5 profesores de apoio a 3. Tamén está pendente a contratación dunha persoa docente para primaria que aínda non se incorporou, o que está a xerar graves interferencias no funcionamento e organización do centro e un forte malestar na comunidade educativa.

No caso do colexio Rabadeira a situación é similar. Tamén se recortou unha praza de profesorado de Audición e Linguaxe, malia que o alumnado con necesidades especiais aumentou.

Atendendo ás peticións das ANPA dos centros, o alcalde dirixiuse por escrito á Consellería de Educación para que modifique a actual situación.
 

back link