Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello alerta dunha falsa enquisa no seu nome que pretende recalar información para cometer

 Oleiros, 12 de novembro de 2014-. Varias chamadas efectuadas por veciños alertaron o Concello de que se está levando a cabo unha falsa enquisa no seu nome. Nesta falsa enquisa os veciños son interrogados sobre se vive no domicilio xente maior, se estes están sos moita parte do día e en que horario. Ademais, asegúraselles que o dito cuestionario non pretende nada máis que coñecer as necesidades da xente maior do municipio en nome do Concello de Oleiros, algo totalmente falso.

 
O Concello de Oleiros alerta á poboación para que non dea ningún tipo de información e denuncie o caso ante a Policía Local ou a Garda Civil. Ambos os corpos de seguridade xa están avisados destes feitos pero é moi importante que os veciños e veciñas extremen as precaucións e non dean ningún tipo de información, xa que probablemente se trate de persoas que están obtendo datos para, posiblemente, cometer roubos nestes domicilios.
 
back link