Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello adxudica as obras de urbanización da Corredoira das Viñas por 1,4 millóns

Oleiros, 31 de agosto de 2016-. O Concello de Oleiros adxudicou as obras de Urbanización da Corredoira das Viñas por 1,4 millóns de euros. Os traballos comezarán nas vindeiras semanas e está previsto que finalicen nos primeiros meses de 2017.

Coas realización deste proxecto abriranse novas rúas e crearanse zonas verdes e equipamentos deportivos nesta zona de Perillo. O ámbito desta urbanización ten unha extensión de 23.000 metros cadrados. Está prevista a construción de 5 edificios de pisos e 25 vivendas unifamiliares. 
 

back link