Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O Concello adxudica as obras das casas do pobo de Lorbé e Dexo, da cuberta da grada do Leonardo

Oleiros, 9 de novembro de 2018-. O Concello de Oleiros adxudicou catro importantes obras que se realizarán en Lorbé, Dexo, Os Regos e Santa Cruz. O importe total dos tres proxectos contratados ascende a 344.944 euros.

Nas vindeiras semanas, procederase á realización das obras de mellora previstas nas casas do pobo de Lorbé e Dexo. Na casa do pobo de Lorbé procederase á instalación dun ascensor, pintarase toda a fachada do edificio, realizaranse diversas melloras exteriores e interiores e demolerase o antigo local da chave para crear un almacén nese espazo. Na casa do pobo de Dexo repararase e pintarase a fachada e instalarase unha reixa para evitar o acceso á cuberta desde o muro anexo á edificación. O custo desta actuación, adxudicada á empresa Mora, é de 143.170 euros.

Tamén foron contratados os traballos de construción dunha cuberta na grada do campo de fútbol Leonardo Maceira, situado na urbanización Os Regos. A empresa Sergonsa será a encargada de realizar os traballos que terán un importe de 140.610 euros.

O Concello tamén investirá 61.164 euros nunha ampla reforma do Centro de Lecer de Santa Cruz. Sergonsa será a empresa que realice esta obra.
 

back link