Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O colexio da Rabadeira gana o Premio Concepción Arenal da Deputación polos seu proxecto Xogando

 Oleiros, 30 de decembro de 2021-. O CEIP Plurilingüe da Rabadeira de Oleiros foi distinguido co Premio Concepción Arenal da Deputación da Coruña destinado a proxectos educativos que fomenten a igualdade de xénero nos centros escolares. A iniciativa “Xogando en igualdade"  desenvolvida polo colexio foi merecedora desta importante distinción a nivel provincial.

 
Os 5.000 euros en metálico que recibirá o centro con este premio serán destinados por parte da dirección a diversas melloras no actual patio. Pola súa parte, o Concello tamén ten previsto ampliar as zonas de recreo do centro coa futura creación dunha zona verde nos terreos que se atopan entre o actual recinto e a circunvalación de Oleiros.
back link