Oleiros, 3 de febreiro de 2021-. O Castelo de Santa Cruz iluminarase a noite do xoves de verde polo Día Mundial contra o cancro. Desta maneira, o Concello de Oleiros atende a petición realizada pola AECC para contribuír á concienciación da cidadanía na importancia da prevención e amosar apoio a todas as persoas que están a pasar por un proceso oncolóxico.