Hemeroteca

Asset Publisher

Back O auditorio de mera acolle este sábado o pase de «Sexo? Por que non?»

Oleiros, 6 de outubro de 2011-. O Concello de Oleiros presenta para este sábado 7 de outubro unha interesante oferta de ocio cultural co pase da obra Sexo? Por que non?, representada pola compañía Eme2emoción&arte, baixo a  dirección de Álvaro Lavín. O pase terá lugar o sábado a partir das 20.30 horas no auditorio Gabriel García Márquez. O prezo da función é de 3,5 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. O pase, que é para maiores de 12 anos, terá unha duración aproximada dunha hora.

Sexo? Por que non? é unha comedia que analiza os motivos polos que o sexo é un tabú. Fuxindo do bombardeo pornográfico, do tópico e do chiste fácil, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás sobre o encontro carnal. Unha comedia reflexiva, para a xente nova e maior, un punto de encontro humorístico para rachar cos tópicos e os tabús.

back link