Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O auditorio da Fábrica acolle a actuación do guitarrista Fabiano Borges

 Oleiros, 7 de outubro de 2014-. A música será a outra gran protagonista da oferta de ocio cultural programada polo Concello de Oleiros para esta fin de semana. O auditorio  da Fábrica acolle o próximo  día 10 de outubro ás 20.30 horas o concerto do guitarrista brasileiro Fabiano Borges. Borges é profesor de música na Universidade de Brasilia, onde investiga o choro brasileiro. O virtuoso guitarrista interpretará coa guitarra de sete cordas obras populares latinoamericanas con insercións de elementos procedentes da guitarra flamenca. A entrada será libre ata completar a capacidade da sala.

back link