Oleiros, 26 de agosto de 2017-. O Atlético San Pedro venceu ao Marino de Mera por 4 goles a 2 na final do Trofeo Concello de Oleiros disputada o día da inauguración do novo campo de fútbol municipal de Iñás. Marcos, Dani en dúas ocasións e Gabi foron os goleadores de Nós e Mario Rei e Mario García os de Mera.
A chave do triunfo estivo na pegada amosada por parte dos xogadores do Atlético de cara á porta rival. Ademais desa mellor efectividade, os de Nós amosaron unha maior facilidade para combinar e abrir o xogo por ambas bandas. O Marino tamén dispuxo de ocasións, pero os dianteiros de Mera non estiveron atinados.
O campo municipal de Iñás rexistrou unha grandísima afluencia de seareiros procedentes de todas as localidades do municipio que gozaron do magnífico espectáculo que ofreceron os dous conxuntos nunha tardiña solleira ideal para o deporte.