Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O alumnado do obradoiro de memoria imparte clases de historia das telleiras de Nós no Colexio J

Oleiros, 27 de marzo de 2019-. O alumnado de 3º de primaria do CEIP Juan de Vega de San Pedro de Nós recibiu a visita de María, Josefa, Visitación, Manolo e Valentín, cinco persoas que participan nos obradoiros de memoria do Concello de Oleiros e que explicaron de primeira man a historia do barro e das telleiras en Nós. Os nenos e nenas que acoden a este centro son principalmente desta localidade, onde existiu unha importante actividade oleira.

Os estudantes descubriron hoxe que a mediados do século pasado había cinco telleiras nesta zona. Tamén coñeceron o uso que se lle daba ás tellas e ladrillos que se producían, o carácter artesanal que tiña este traballo, que eran os cabaqueiros -artesáns que traballaban nas telleiras-, as súas condicións de vida, a súa linguaxe característica... Así mesmo palparon diversas pezas de barro e os utensilios cos que se fabricaban.

Esta actividade terá unha segunda parte o próximo venres, con outro grupo de estudantes. Con esta actividade seguirá a profundarse na historia local e no contorno máis próximo aos rapaces e rapazas a través dunha actividade interxeracional profundamente enriquecedora para ambas partes.

back link