Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O alumnado da Escola Municipal de Danza participará na Gala Intercentros

Oleiros, 14 de marzo de 2018-. Os grupos de intermedio e avanzado de street dance da Escola Municipal de Danza do Concello de Oleiros participarán o venres na Gala Intercentros, na categoría de Coreografía Institucional. O festival celébrase no Coliseum da Coruña a partir das 17:00 horas.

As entradas para o evento están á venda en ticketea.com. A recadación irá destinada de maneira íntegra á Fundación Padre Rubinos e á Cociña Económica. Igual que o ano anterior as persoas participantes deberán levar polo menos un 1 quilo de alimentos non perecedoiros, que serán entregados na Cociña Económica.
 

back link