Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O alcalde de Oleiros mantén un encontro con Silvio Rodríguez tras o concerto do cantautor na Coruña

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mantivo un encontro co artista cubano Silvio Rodríguez despois do concerto ofrecido polo cantautor no Coliseum da Coruña. Ademais de felicitalo pola extraordinario e emocionante actuación, o alcalde conversou co artista sobre distintas cuestións de actualidade así como dos fortes lazos existentes entre Oleiros e Cuba tras décadas de cooperación, amizade e solidariedade.

Silvio Rodríguez é unha referencia non só cultural, senón tamén moral a nivel mundial. Un firme defensor da revolución, tamén crítico con aquelas cousas que deben cambiar en Cuba, pero sempre comprometido coa soberanía, coa dignidade e co dereito do pobo cubano a vivir sen ese bloqueo criminal dos Estados Unidos.

A visita á Coruña de Silvio é un bo momento para recordar unha vez máis o que está a pasar en Cuba, onde levan xa máis de 9 meses sufrindo unha situación extrema. Sen entrar combustible, nin medicinas, nin alimentos… un illamento absolutamente horrible, inimaxinable case desde aquí.

Un xenocidio, sen bombas, pero ante o que hai un silencio xeralizado. Case ninguén fala do que está a sufrir Cuba. Un silencio cómplice co terrorista Donald Trump, como o que tamén había inicialmente co xenocidio en Gaza, que só cambiou cando millóns de persoas en todo o mundo alzamos as nosas voces. Pois con Cuba tamén temos que romper o silencio, denunciar o bloqueo xenocida de Donald Trump as veces que fagan falta e dicir que Cuba non está soa.
 

back link