Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás O 1 de marzo comeza o período de pagamento voluntario dos impostos de rodaxe, VAOS, nichos e caixeiros

O próximo 1 de marzo comeza o 1º período voluntario de pago de impostos do Concello de Oleiros rematando dito período o 30 de abril.

Os recibos domiciliados serán cargos nas entidades bancarias o 1 de abril de 2026.

Neste 1º período (1 de maro-30 de abril de 2026) os impostos a pagar son:

- Imposto sobre vehículos de tracción mecánica. (IVTM)
- Taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e reserva de espazo. (VAOS).
- Taxa cemiterios municipais. (NICHOS)
- Taxa aproveitamento dominio público con caixeiros de Entidades Financeiras e máquinas expendedoras instalados nas fachadas e manipulables dende a vía pública. (CAIXEIROS)

As persoas que non teñan domiciliados os seus recibos, poderán facer o pago das seguintes maneiras:
•    Entidades Colaboradoras: ABANCA, CAIXABANK, BBVA e BANCO SANTANDER. Neste caso deberán dispoñer previamente dos documentos de ingreso necesarios. As entidades colaboradoras non poderán establecer limitacións aos días e horario para realizar ingresos, debendo aceptalos, durante o prazo indicado, sempre que se produzan no seu horario normal de caixa.
•    Oficina de Recadación, dentro do seu horario de atención ao público.
•    Por internet, banca electrónica e en caixeiro automático. Os clientes das entidades colaboradores citadas, que o permitan, poderán realizar o ingreso das súas débedas por estes medios.  
•    En www.oleiros.org, sede electrónica. Para usuarios con identificación, sistema cl@ve ou certificado dixital, dentro do apartado, os meus recibos. 
•    En www.oleiros.org, sede electrónica, Para usuarios sen identificación, dentro apartado, pago de recibos, taxas e multas. É necesario que teña o recibo que quere pagar posto que terá que teclear a emisora, identificación, referencia e importe que figuran no mesmo.
 

back link