Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Numerosas actuacións da Escola Municipal de Teatro durante as próximas semanas

 Oleiros, 31 de maio de 2022-. O Auditorio Gabriel García Márquez de Mera acollerá durante as próximas semanas diversas actuacións de teatro  protagonizadas polo alumnado da Escola Municipal. A entrada a todas as funcións será aberta e gratuíta.

 
As actuacións comezan hoxe, co grupo de 3º que representará Matilda ás 18.00 horas e co grupo de adolescentes con Quixotada ás 20.00 horas. O domingo día 5, ás 17:30 horas, actuará o Grupo de 2º con Unha noite na illa e as 20.00 horas o grupo adultos representará Residencia de artistas. As actuacións pecharanse o martes 14 de xuño co grupo de 4º e O roubo ás 18:30 horas e co grupo de adolescentes ás 20.00 horas con Coco family.
 
Ademais destas actuacións, o sábado 11 de xuño celebrarase o festival Marusía Escénica. Comezará ás 16.00 horas e contará coa participación da Asociación Cultural Vagalume de Carballo, Catro Gatos de Bergondo, a Escola de Teatro de Sada e a Escola Municipal de Teatro de Oleiros.
back link