O obxectivo deste obradoiro é dobre: contribuír a un mellor desenvolvemento dos rapaces e rapazas, con maior seguridade e autonomía, así como a previr os conflitos para un maior benestar en todos os fogares. A proposta está baseada na comunicación non violenta, o respecto, a igualdade, a confianza, a empatía e a educación emocional, reforzando o vínculo entre as familias e os seus fillos e fillas.
Este obradoiro é totalmente gratuíto e vaise desenvolver en Casa Etcheverry, en Perillo, o sábado 23 de setembro de 10 a 14 horas; e os días 26 e 28 de setembro e 3 e 5 de outubro, de 18 a 21 horas. As persoas interesadas poden apuntarse do 15 ao 20 de setembro na web municipal, na sección participa, a través dun formulario. As prazas outorgaranse por orde de inscrición.
Neste obradoiro participan cada ano 30 novas familias que ven mellorada notablemente a forma de relacionarse cos seus fillos e fillas na adolescencia e as dinámicas familiares. A explosión emocional que se produce na adolescencia, unha etapa vital no crecemento das persoas e na que se configura a personalidade e a identidade, precisa dun acompañamento por parte das familias.