Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Novo corte de tráfico a noite do xoves ao venres na avenida Che Guevara

 Oleiros, 9 de agosto de 2022-. Para continuar coas obras de mellora das redes de auga e saneamento previas ao asfaltado da avenida Ernesto Che Guevara, será preciso efectuar un novo corte nocturno nun dos carrís de circulación, á altura do rego de Bastiagueiro. Será a noite do xoves ao venres, de 23:00 a 7:00 horas. O tráfico será desviado polo carril contrario, que pasará a ser de dobre sentido alternativo de circulación, quedando regulado mediante semáforos.

 
O horario podería sufrir lixeiras variacións en función do ritmo de avance dos traballos.
back link