Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Novas tardes de baile para as persoas maiores en Oleiros

De Baile en Baile é un programa cultural e de convivencia dirixido ás persoas maiores do municipio que ofrece espazos de encontro, festa e ocio activo nas distintas casas do pobo. As sesións celébranse os sábados pola tarde e permiten ás persoas participantes gozar da música e do baile ao tempo que comparten un espazo de convivencia.

A programación continuará durante os próximos meses con novas citas en diferentes localidades do municipio. A próxima sesión terá lugar o sábado 26 de setembro en Iñás. En outubro, os bailes celebraranse os días 3 en Lorbé, o 10 en Montrove, o 17 en Santa Cruz, o 24 en Nós e o 31 novamente en Iñás. Durante o mes de novembro, as citas serán os días 7 en Lorbé, o 14 en Santa Cruz, o 21 en Nós e o 28 en Iñás. A programación rematará o 12 de decembro cunha sesión en Nós.

Con esta iniciativa, o Concello continúa apostando por ofrecer ás persoas maiores alternativas de ocio activo e espazos para o encontro e a convivencia, favorecendo a participación social e o mantemento das relacións entre veciños e veciñas.

back link